Feijóo pecha dúas horas a exposición do Pergamiño Vindel en Vigo para gravar a súa mensaxe de fin de ano

Feijóo pecha dúas horas a exposición do Pergamiño Vindel en Vigo para gravar a súa mensaxe de fin de ano
O presidente da Xunta, durante a mensaxe de fin de ano en 2015.
O presidente da Xunta, durante a mensaxe de fin de ano en 2015.  

O presidente da Xunta elixiu como escenario da gravación para a TVG o Museo do Mar de Vigo despois de que o ano pasado lanzara a súa mensaxe de fin de ano diante do Miño e a Ponte Romana en Ourense, e o ano anterior desde unha escola infantil. A exposición do Pergamiño Vindel permaneceu fechada entre as 11 da mañá e a 1 da tarde. O museo advertiu da incidencia mediante un aviso no Facebook o día anterior.


"Fomos a Vigo ver a exposición do Pergamiño Vindel esta sexta. Chegamos ás 11, que é cando abre o Museo do Mar, pero dixéronnos que até a unha non podíamos entrar, que tiveran unha visita inesperada e tiveron que pechar. Non colgaran a nova na web, seica a colgaran no Facebook", explica un visitante. Ao parecer, a visita non era tan inesperada. A tarde anterior, a do 28, o museo advertiu a través de Facebook: "Mañá venres 29 decembro a exposición de Pergamiño Vindel permanecerá pechada de 11 a 12:30. Lamentamos as molestias".

 

A razón do peche temporal da exposición do Pergamiño Vindel durante unha horas foi que o equipo do presidente de Xunta, Alberto Núñez Feijóo, elixiu o museo como escenario da gravación da mensaxe de fin de ano que a TVG emitirá pola súa primeira canle mañá domingo ás 14.15 horas. Desde hai uns anos, o equipo de comunicación de Núñez Feijoó busca escenarios fóra dos espazos institucionais para lanzar os discursos de balance do ano do presidente. O ano pasado, en 2016, a mensaxe gravouse na beira do Miño en Ourense baixo o marco da Ponte Romana, o ano anterior Feijóo dera seu discurso desde un aula dunha escola infantil. Desta volta, o presidente aproveita o escenario dunha das mostras máis importantes do 2017, a do Pergamiño Vindel, que regresou ao país o pasado setembro. 

 

 

 

 

 



x