Fiscalía ordena a Trapero que os Mossos requisen urnas e impidan o referendo

Fiscalía ordena a Trapero que os Mossos requisen urnas e impidan o referendo
J.L Trapero
J.L Trapero  

Exíxelle que evite a “consumación do delito”.


A Fiscalía de Catalunya ordena ao maior dos Mossos dÉsquadra, Josep Lluis Trapero, así como á Garda Civil e a Policía en Catalunya que, para evitar que se “consume un delito” procedan a “requisar urnas” e todo o material destinado a preparar e realizar o referendo do 1-O.

 

Após unha  reunión este mediodía con Trapero e os responsábeis da Gardia Civil en Catalunya, Ángel Gozalo, e do Corpo Nacional de Policía española, Sebastián Trapote, a Fiscalía emitiu un comunicado no que ordena a todas as unidades da policía xudicial que actúen ante calquera acto executado por autoridades, funcionarios ou “particulares en connivencia con aqueles” dirixidos a preparar e realizar o “referendo de autodeterminación ilegal”.

 

José Manuel Maza, fiscal xeral, ditou a pasada quinta feira un oficio que ordena aos máximos responsábeis da Garda Civil, Policía e Mosos intervir de se realizar o referendo. A primeira actuación deste tipo realizouna a Garda Civil ao entrar nunha imprenta en Constantí (Tarragona) e na sede de ‘El Vallenc’, en Valls.



x