A Fiscalía española querélase contra a mesa do Parlament por tramitar a Lei do referendo

A Fiscalía española querélase contra a mesa do Parlament por tramitar a Lei do referendo

Imputa os delitos de prevaricación e desobediencia a Carme Forcarel, ben como aos 4 parlamentares de JxSí e o deputado de Catalunya sí que es Pot que votaron na mesa a prol da tramitación.


A Fiscalía española move ficha antes mesmo de que o Parlament vote a lei do referendo [está previsto que o faga esta mesma tarde]. O ministerio público, a través da Fiscalía Superior de Catalunya, presentará unha querela por desobediencia e prevaricación contra Carme Forcadell, ben como contra os catro parlamentares de JxSí contra e Joan Josep Nuet, de Catalunya Sí que es Pot, integrantes da Mesa do Parlament que votaron a favor da tramitación da Lei do Referendo.

A Fiscalía pretende impugnar que a mesa aceptase tramitar a lei do referendo a pesar de o Tribunal Constitucional ter anulado calquera acto preparativo da consulta do 1-O. A Lei do referendo tramitouse grazas aos votos favorábeis de JxSí (4) e Catalunya sí que es Pot (1). Todos eles están xa a ser investigados por permitir a votación da resolución sobre o referendo.

 

“Graves consecuencias”

 

Soraya Sáenz de Santamaría, vicepresidenta do goberno español, non demorou en comparecer ante os medios. No marco da tónica xeral do executivo español a respecto do ‘procés’ catalá, tirou de argumentario de guerra: “Isto ten graves consecuencias”, advertiu a Forcarell e membros da Mesa por admitir tramitar a Lei do referendo.

 

Declarou que o que se tramita no Parlament é “ilegal e anticonstitucional” e acusou Forcarell de “non saber o que é a democracia”. Tamén anunciou que o goberno español recorrerá de inmediato perante o TC a lei de referendo imediatamente a seguir a súa aprobación na Cámara catalá.



x