PEDRO PUY

"As forzas da oposición compitén tamén agora no eixo populismo-institucionalismo"

"As forzas da oposición compitén tamén agora no eixo populismo-institucionalismo"
Pedro Puy, durante unha entrevista con Sermos
Pedro Puy, durante unha entrevista con Sermos  Foto: Natalia Porca

Economista de formación, Pedro Puy é o portavoz do grupo parlamentar do PPdeG. Une esta segunda feira a súa voz ao coro de #VenhanMais5.


-Como avalía o estado actual da política galega?

-O escenario é basicamente estable. Institucionalmente, con todos os organismos estatutarios funcionando adecuadamente; e politicamente, cunha maioría parlamentaria que sostén o Goberno. E que por iso pode actuar para atallar a crise social que xerou a crise económica, a diferenza do que ocorre noutras comunidades autónomas, e con independencia de que se estea máis o menos de acordo coas políticas específicas que se desenvolven.  

-Que evolución agarda da política galega a cinco anos vista?

-Os próximos anos virán marcados pola resolución de dúas incógnitas. A primeira, a relativa á determinación de que liña política vai resultar preponderante no entorno da esquerda e o nacionalismo, onde se substituíu a competencia entre dúas forzas (PSdeG-BNG) ao longo dun eixe (autonomismo-soberanismo) do período 1994-2012; por unha competencia entre tres forzas (PSdeG-En Marea-BNG) que compiten arredor de dous eixes (o anterior, máis o novo que poderíamos definir como un eixo populista-institucionalista).

A segunda será comprobar se, unha vez establecida unha correlación de forzas determinada, as tres forzas son capaces de articular unha alternativa común de goberno. Tanto o fracaso da investidura de Pedro Sánchez, a nivel estatal, como as experiencias dalgúns gobernos locais e provinciais parecen indicar que a correlación de forzas entre os tres actores é determinante á hora de xerar maiorías estables de goberno.

-Que espera de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?

-Que sexa capaz de seguir acudindo á súa cita semanal con todos os seus lectores. 



x