ÁLVARO LÓPEZ MIRA

"Galiza opta cada vez por ser menos galega"

"Galiza opta cada vez por ser menos galega"
Álvaro López Mira
Álvaro López Mira  

Esta quinta feira a conversa do #VenhanMais5 é co politólogo e escritor Álvaro López Mira.


-Como avalías o estado actual da política galega?

 

-Amais do xa tópico alonxamento entre uns representantes enclaustrados no ideal partidocrático (e non só os da vella política) e uns representados críticos de taberna ou de salón pero, maioritariamente, conformistas con case todo, cabería salientar que, elección tras elección, Galiza opta por ser cada vez menos galega e cómpre non ignoralo se queremos revertelo.

 

-Que evolución agardas da política galega a cinco anos vista?

 

-A lóxica dictamina que deberían existir mudanzas malia á tendencia á inamobilidade dos aparellos partidarios e de boa parte do electorado galego. Probablemente, non serán movementos sísmicos, pero si o suficientemente importantes para vivir profundas transformaciones, previsibles nese prazo en, por exemplo, os actores mediáticos, económico-financeiros e intelectuais do País e, por suposto, nas elites políticas, xa que hoxe os tempos políticos son cada vez de máis breve ciclo e nos próximos dous/tres anos ábrese un disparadeiro electoral intensísimo: locais, europeas, españolas e galegas case sen solución de continuidade que determinarán a intensidade deses inevitables cambios.

 

A lóxica dictamina que a cinco anos vista deberían existir mudanzas malia á tendencia á inamobilidade dos aparellos partidarios e de boa parte do electorado galego

 

-Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?

 

-O esforzo dunha liña informativa en clave galega diferenciada dos esclerotizados medios escritos do País xa está feito. Quizais unha maior transversalidade que supere certos prexuízos, algún tan atávicos que ou xa non existen ou son moi distintos a nivel de análise dos fenómenos no século XXI, axudaría para abrir esa información a unha opinión pública anovadora e transformadora do conxunto social galego.

 



x