O Goberno Feijóo deixou sen usar 55 millóns de euros para actuacións en emprego o ano pasado

O Goberno Feijóo deixou sen usar 55 millóns de euros para actuacións en emprego o ano pasado

Uns 34 millóns eran fomentar o emprego e 21 millóns de euros para formación de persoas no paro. Denúnciao En Marea.


A Xunta de Núñez Feijóo é o exemplo do fracaso dos políticas do Partido Popular para a creación de emprego. Denúnciao En Marea, que por boca do seu portavoz, Luís Villares, afirmou que os 8 anos de goberno de Núñez Feijóo, deixaron no noso país 103.000 ocupados menos e 38.000 desempregados máis provocando unha situación, di, “insólita” en Galiza. “Nunca ningún goberno pechou unha lexislatura con menos ocupados que cando a empezou, sen embargo agora, despois de dúas lexislaturas, faltan case 100.000 empregos para volver a onde estabamos . Este é o balance real de Feijóo. Non se trata dun momento puntual senón estrutural”, engadiu

Para Villares, o PP de Feijóo atópase “cómodo” nesta situación. Proba disto é que, dixo, deixou sen executar o ano pasado 55 millóns de euros: 34 millóns (dunha partida de 86) para fomento do emprego e 21 millóns do fondo de formación para persoas no paro. Para o portavoz de En Marea, ningún goberno “responsábel” decidiría non executar estes fondos.

Galiza foi o territorio onde máis emprego se destruíu no estado, afirmou, ao tempo que  foi o segundo  no que máis medrou o paro e na que máis caeu a poboación activa, entre os que teñen salarios máis baixos e menor protección social para as persoas no desemprego. 



x