12 DE OUTUBRO

O Goberno municipal de Badalona abre o concello malia a prohibición dun xuíz

O Goberno municipal de Badalona abre o concello malia a prohibición dun xuíz
[Imaxe: Manel Márquez] O tenente de alcalde de Badalona
[Imaxe: Manel Márquez] O tenente de alcalde de Badalona  

O Concello de Badalona abriu esta cuarta feira, 12 de outubro, as súas portas e seis edís do equipo de Goberno atenden a veciñanza desde primeira hora da mañá, aínda que non poderán facer trámites oficiais. A apertura do concello este festivo desobedece a orde xudicial que o impedía por ser o “Día da Hispanidade”.


O Goberno de Badalona desafiou a orde xudicial que lle prohibía abrir as dependencias municipais este 12 de outubro con motivo do “Día da Hispanidade”. Ás portas do concello, o tenente de alcalde, Josep Téllez, desgarrou o auto do xuíz e explicou que na quinta feira irá á Cidade da Xustiza para argumentar que o Goberno tiña todo o dereito a abrir as portas da casa consistorial, xa que había un acordo cos sindicatos. “Se aínda queremos crer nun Estado democrático, o xuíz daranos a razón”, salientou.

Decenas de persoas, entre elas, cargos eleitos de ERC, da CUP e o presidente de Òmnium Cultural, Jordi Cuixart, acudiron ao concello para apoiar os concelleiros que abriron as portas das dependencias municipais. A deputada da CUP Eulàlia Reguant tachou de “golpe á soberanía local perpetrado pola xustiza española” a resolución xudicial que obrigaba o concello a fechar. “Hoxe conmemórase un xenocidio”, engadía a parlamentar.

O presidente de Òmnium Cultural sinalou que a de hoxe “é unha efeméride antidemocrática e fascista"

Cuixart, na mesma liña, lembrou que a de hoxe “é unha efeméride antidemocrática e fascista que lembra celebracións dun período moi escuro en Catalunya e España”. Tamén cargou contra a delegada do Goberno en Catalunya, María de los Llanos de Lunas, por destinar cartos públicos “a combater opcións ideolóxicas”.

Malia que non poder facer trámites oficiais, os edís que acudiron a traballar á casa consistorial están a atender a veciñanza para tomar nota dos requirimentos e tramitalos a partir da quinta feira