Gonzalo Caballero anima o PSdeG a lograr “o cambio político” en Galiza

Gonzalo Caballero anima o PSdeG a lograr “o cambio político” en Galiza

O secretario xeral electo dos socialistas galegos estivo arroupado polos ex-presidentes Laxe e Touriño.


O Congreso do PSdeG arrancaba na mañá deste sábado en Compostela co lema ‘Somos o cambio’ e coa proclamación oficial como secretario xeral de Gonzalo Caballero, electo pola militancia nas primarias de comezos de principios de mes para ocupar ese posto.

 

Caballero na súa primeira intervención no Congreso asegurou que o seu reto que ten por diante é o de construír un PSdeG máis forte, renovado e integrador. Animou a toda a organización a traballar para lograr un “cambio político en Galiza”.

 

Este economista vigués estivo arroupado polos dous ex-presidentes socialistas da Xunta: Fernando González Laxe  e Emilio Pérez Touriño, así como pola primeira muller en ocupar a presidencia do Parlamento galego, Dolores Villarino. Tamén estivo no acto o secretario de Organización do PSOE, José Luis Ábalos.

 

A executiva que acompañará o novo secretario xeral nesta nova etapa do PSdeG coñecerase mañá domingo. O seu equipo estará integrado por máis dunha trintena de persoas e no que se perfila como presidente o actual portavoz parlamentario ,Fernández Leiceaga  e como vicesecretario o coruñés Pablo Arangüena.



x