Gonzalo Caballero rendibiliza a súa alianza con Leiceaga e vence as primarias do PSdeG

Gonzalo Caballero rendibiliza a súa alianza con Leiceaga e vence as primarias do PSdeG
(Foto: EFE)
(Foto: EFE)  

O vigués é o novo secretario xeral do PsdeG despois de recibir o apoio maioritario da militancia socialista durante as votacións celebradas este domingo. Venceu a Juan Díaz Villoslada en todas as cidades agás en Vigo. Obtivo os maiores apoios en Pontevedra, Ourense e Ferrol.


Gonzalo Caballero é o novo secretario xeral do PsdeG despois de vencer nas primarias celebradas este domingo a Juan Díaz Villoslada. Venceu en todas as cidades agás en Vigo, onde lidera o sector crítico, segundo informa Europa Press. 

 

Por cidades, gañou en Pontevedra co 83% dos votos, cun 68% en Ourense, un 67% en Ferrol, un 59% en Lugo, un 57% na Coruña e un 56% en Compostela. En Vigo obtivo o 47%.  Conseguiu vencer tamén nalgunhas agrupacións como Culleredo, non aliñadas coa súa candidatura.

 

Caballero chegaba á votación como favorito, tras liderar a recollida de avais e de estabelecer unha alianza co voceiro parlamentar, Xaquín Fernández Leiceaga. A súa estratexia pasou por se apresentar como o candidato da militancia fronte ao candidato elixido polo aparato.

 



x