Un inquérito predí que o PP fracasará no asalto ás alcaldías de Pontevedra, Lugo e A Coruña 

Un inquérito predí que o PP fracasará no asalto ás alcaldías de Pontevedra, Lugo e A Coruña 
Un colexio eleitoral de Vigo durante as municipais de 2015
Un colexio eleitoral de Vigo durante as municipais de 2015  

É un traballo demoscópico realizado por GAD3 para o diario monárquico ABC, unha cabeceira que orbita claramente arredor do PP.


O bloco de direita PP-Cs avanzará no conxunto do Estado nas eleccións municipais de 2019, mais na Galiza non cumprirá ningún dos seus obxectivos. Iso é o que se tira dun inquérito feito por GAD3 sobre a intención de voto nas capitais de provincia

 

Das catro cidades galegas contempladas no inquérito (o traballo exclúe Compostela, Vigo e Ferrol por non seren capitais de provincia) tres non reservan boas noticias para as formacións conservadoras. Pontevedra, Lugo e A Coruña continuarían a ter ao fronte as mesmas formacións políticas, BNG, PSdeG e En Marea, respectivamente. En Ourense o PP continuaría a ser a forza máis votada, embora ficaría lonxe da maioría absoluta. Podería perder a alcaldía de se poñeren de acordo as forzas de oposición. O inquérito toma nota de que Cs continúa a ser "inexistente" na cidade das Burgas.

 

No Estado, a forza claramente en ascenso continúa a ser Cs, en tanto que Unidos Podemos e as confluencias rexistan as maiores perdas a respeito de 2015

Canto ao Estado español, unha hipotética coligazón PP-Cs tería maioría absoluta en 35 capitais de provincia. Poderían arrebatar até 14 prazas a outras forzas políticas. O máis significativo é que o PP podería recuperar Madrid, Zaragoza, Valladolid, Cádiz ou Palma de Mallorca, en tanto que Cs estaría en condicións de obter o bastón de mando en Valéncia e Alacant.

 

A forza claramente en ascenso sería neste momento Cs. Embora carecer de implantación en moitos territorios, o inquérito prognostica un importante salto da formación laranxa en número de actas nos concellos. No conxunto das 52 capitais de provincia, o partido de Albert Rivera pasaría de 145 concelleiras e concelleiros a 259, en tanto que o PP baixaría de 479 a 446. PSOE cedería 16 asentos nos salóns de plenos e Unidos Podemos máis as confluencias serían os que rexistarían maiores perdas, de 204 a 158.

 



x