Leiceaga deplora a “falta de proxecto” de país do presidente galego

Leiceaga deplora a “falta de proxecto” de país do presidente galego

O candidato socialista considera que este primeiro ano da segunda lexislatura de Feijóo está “perdido” .


 

Para Fernández Leiceaga o discurso de Núñez Feijóo deixa en evidencia que este ano foi “un ano perdido para a modernización de Galiza”. O socialista considera que esta situación non se debe á “falta de recursos” senón a unha “falta de proxecto e de vontade política” do goberno galego e da persoa que o preside.

 

O socialista defendeu esta cuarta feira a necesidade de defender o estatuto de Galiza para avanzar cara a un estado federal. Ao tempo, advertiu de que o país estaba afrontando un escenario de varias fracturas: social, xeracional e territorial interna. Mentres estes riscos están cada vez máis presentes, Feijóo está “atenazado” pola súa ansia de dar o salto á política de Madrid. Un rol que lle impediu defender con rotundidade e determinación os intereses de Galiza”.  

 

Debullou incumprimentos e dificultades nos eidos laboral e de servizos sociais, así como criticou a actitude de Feijóo e o PP a respecto da corrupción. 



x