Lidia Senra advirte dun avance do autoritarismo no Estado español

Lidia Senra advirte dun avance do autoritarismo no Estado español
Lidia Senra, onte no debate en Compostela.
Lidia Senra, onte no debate en Compostela.  

A parlamentaria de AGEe reclamou unha reflexión desde a esquerda “nun momento en que as loitas son comúns en varios lugares do mundo” e chamou a facer fronte ao avance do autoritarismo no Estado español que exemplificou na represión xudicial e policial do referendo en Catalunya.


Lidia Senra participou nunha xornada organizada polo seu grupo parlamentario en Compostela na que estivo acompañada por Lupe Ces, David Rodríguez, a activista Haydee Castillo, de Nicaragua, e o sociólogo Ramón Grosfoguel, un habitual nas presentacións de Alternativa Galega de Esquerdas no país.

 

“Hai un claro avance do autoritarismo”, dixo a parlamentaria galega, que se referiu á decisión do Estado español de “perseguir urnas en Catalunya” como “un golpe á democracia” para tratar de negarlle un dereito, o dereito a decidir, ao pobo catalán. Senra mesmo cualificou como “fascista” a reacción do Goberno español diante da convocatoria do referendo. E lembrou que o día anterior presentara unha pregunta para coñecer a posición da Comisión Europea ao respecto da denuncia da Fiscalía contra 712 alcaldesas e alcaldes de Catalunya.

 

Neste escenario, Senra chamou á esquerda abrir un período de reflexión para decidir “por onde queremos camiñar, que esquerda queremos e onde queremos colocarnos dentro dela” e reclamou a solidariedade das esquerdas co pobo catalán e cos perseguidos en todo o Estado español polas mostras de apoio a Catalunya.

 



x