A maioría villarista gaña a votación sobre o regulamento

A maioría villarista gaña a votación sobre o regulamento
Un aspecto do plenario
Un aspecto do plenario  

Por un axustado resultado de 237 a 205, foi rexeitada a emenda á totalidade defendida por Recuperar en Marea.


Primeira medición de forzas e primeira vitoria do grupo dirixente de En Marea. Era a votación da emenda á totalidade formulada pola corrente crítica Recuperar en Marea ao regulamento que vai rexer o plenario. Esa proposta alternativa obtivo 205 votos face os 237 da maioría villarista, isto é, 47 por cento face o 53 por cento.

 

No momento en que se produciu a votación achábanse no salón plenario do Pazo de Congresos un total de 486 inscritas e inscritos.

 

O documento completo do regulamento, con emendas críticas incorporadas, si obtivo un respaldo máis folgado do plenario ao ser aprobada por 241 votos face 185.

 

No momento en que rediximos esta información, está a intervir perante o plenario, para render contas da xestión do Consello das Mareas, o integrante da Coordenadora (Executiva) Gonzalo Rodríguez.

 



x