ANÁLISE DO XIII CONGRESO

Máis PSOE que PSdeG

Máis PSOE que PSdeG

No seu 13 congreso, o PSdeG non tomou nota de que neste momento o debate político é o territorial. O conclave da marca galega do PSOE entronizou na secretaría xeral Gonzalo Caballero mais non deixou nen unha soa proposta en relación co status político da Galiza ou o alargamento do seu autogoberno. Eis un extracto da análise publicada no Sermos Galiza 270.


Se no debate político no Estado a cuestión básica agora, e nos próximos anos, é a territorial, se ese asunto ecoa tamén inevitabelmente nos muros do Pazo do Hórreo, non foi o 13 congreso do PSdeG o foro en que a formación socialdemócrata iría desvelar as súas propostas concretas na materia. Antes ao contrario, do desenvolvimento do conclave tírase a conclusión de que o PSdeG non está interesado en marcar o seu perfil nesta materia.

 

4Se Pedro Sánchez ten cualificado Galiza como nación -embora espida de plenos direitos, unha nación cultural, non un suxeito político-, os por volta de 500 delegadas e delegados que tomaron parte no congreso do PSdeG apenas se debruzaron sobre este asunto, que tampouco suscitou a máis mínima controversia nas primarias en que Gonzalo Caballero, após selar unha alianza con Leiceaga, derrotou Juan Díaz Villoslada por unha ampla marxe (58 face 42 por cento).

 

O discurso do PSdeG foi basicamente un eco do do PSOE, unha proclama social e de afirmación do eixo esquerda-direita sobre a dialéctica arredor do autogoberno. Quer nas ponencias quer nos discursos de Gonzalo Caballero como novo secretario xeral a énfase púxose apenas na consideración do partido como “galeguista”, unha definición que o 13 congreso non se preocupou de encher de ningún contido especial.

 

[Todo sobre o asunto no Sermos270, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]



x