O espazo Marea Aberta demanda a constitución “inmediata”da coordenadora de En Marea e aposta en Villares como portavoz

O espazo Marea Aberta demanda a constitución “inmediata”da coordenadora de En Marea e aposta en Villares como portavoz
Imaxe do encontro realizado en Compostela
Imaxe do encontro realizado en Compostela  

MA constituíuse este sábado en Compostela como “encontro de activistas de base co obxectivo central da radicalidade democrática”. 


Por volta de medio cento de persoas se deron cita este sábado en Compostela para constituír Marea Aberta como “encontro cidadá, de activistas de base das mareas, pola radicalidade democrática e a construción dunha marea aberta”. A comezos de febreiro pasado, 81 membros de mareas municipalistas impulsaban o chamamento ‘Construír una Marea Aberta’, documento que foi ratificado na reunión desta fin de semana.

Entre os acordos adoptados está o de trasladar ao Consello das Mareas “tres propostas claras”. A elección “inmediata” da Coordinadora de En Marea “en base aos principios inequívocos, aprobados polo plenario do 17 de decembro en Compostela, de proporcionalidade, paridade, eficacia e non remuneración”.

En segundo lugar, este espazo pide a designación “dun representante individual que permita asentar unha referencialidade persoal inequívoca á hora de identificar En Marea como un proxecto único” fronte a imaxe de ser unha suma de partes, con cotas e cupos. MareaAberta ten claro que “ese liderado referencial, a día de hoxe, confirmase na persoa de Luís Villares como persoa allea ás dinámicas de parte e unicamente centrado no proxecto común de todas”.

A terceira proposta que trasladan ao Consello das Mareas é “a elevación a coñecemento público de tódos os acordos que o Consello das Mareas tome (incluída a publicación das súas actas) e información das decisións dos seus órganos e grupos institucionais”.

Unha marea para as maiorías

MA afirma que “construír unha marea para a maioría das galegas só é posible si está sustentada na construción dun proxecto plural para a maioría”, que entenda a pluralidade “como unha riqueza” e “se o proxecto nacional artéllase como a construción  democrática dun pobo desde a súa aceptación cívica colectiva e non como a mera suma dun suposto polo nacionalista e outro federalista”.

No encontro realizado en Compostela estivo presente Luis Villares, que segundo MA, agradeceu aos presentes os esforzos “por impulsar EnMarea e asegurar os seus principios fundacionais”.

 



x