A AMPLIACIÓN DE RANDE “NON É AUTOESTRADA”

En Marea acusa de engano a Audasa pola suba das peaxes

En Marea acusa de engano a Audasa pola suba das peaxes
O deputado de En Marea Marcos Cal. Foto: cedida.
O deputado de En Marea Marcos Cal. Foto: cedida.  Foto: En Marea

Audasa, a concesionaria da autoestrada AP-9, vén de subir o prezo das peaxes. Escúdase nas obras de reforma e ampliación da ponte de Rande. Para o grupo parlamentario de En Marea isto non é máis ca un engando.
 


“Os dous novos viais da ponte non poden ser considerados parte da autoestrada”, sinala o deputado Marcos Cal, “están desconectados do corpo principal de circulación. Non son máis ca viais de servizo”. Segundo Cal, estes non contan nin coas condicións de seguridade, nin coa capacidade de tráfico propias dunha autoestrada. “Son os viais de servizo máis caros do mundo”, engade.

 

En Marea esixe que a suba das peaxes quede sen efecto. A suba, entende o partido instrumental, é abusiva e “abusivo é” que a concesionaria o explique en base a unhas obras na ponte cuxos resultados “ofrecen inseguridade pola maneira en como se instalaron os quitamedos e non deixan espazo de manobra en caso de emerxencia”.

 

O deputado Marcos Cal tamén critica que o presidente do Goberno de Madrid, Mariano Rajoy, viaxase a Galiza para “inaugurar en menos de dúas semana dous tramos inacabados da mesma autoestrada” e que así avalase “coa súa presenza as irregularidades” das obras.



x