En Marea perguntará ás bases se apoian a moción de censura impulsada por Podemos

En Marea perguntará ás bases se apoian a moción de censura impulsada por Podemos
Ana Seijas e Luís Villares
Ana Seijas e Luís Villares  

A decisión de rexistar esta iniciativa no Congreso xa está tomada polo seu núcleo impulsor (o Podemos de Pablo Iglesias), mais En Marea quer consultar as súas bases sobre se a respaldan ou non.


A consulta vai ter lugar esta fin de semana e combinará a votación telemática e presencial, anunciaron esta segunda feira en conferencia de imprensa o portavoz e a viceportavoz de En Marea, Luís Villares e Ana Seijas, respectivamente.

A corrupción xeneralizada en que se acha instalado o PP e o uso por parte deste partido de institucións do Estado como a fiscalía son os argumentos que esgrimiu Villares na comparecencia para xustificar a moción.

Para os dirixentes da confluencia galega, esta iniciativa -formalmente do grupo confederal Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea- é unha "moción cidadá", polo que o lóxico é que se consulte a cidadanía sobre a súa pertinencia.

Durante esta semana, a confluencia chamará á mobilización da súa base social para garantir a maior participación posíbel na consulta, que se convoca baixo o lema xenérico de #DecideAMocion.



x