Montoro toma o control dos pagamentos da Generalitat para evitar “actividades ilegais”

Montoro toma o control dos pagamentos da Generalitat para evitar “actividades ilegais”
Cristóbal Montoro
Cristóbal Montoro  

O ministro anuncia que o executivo español "substitúe na maioría dos pagamentos esenciais" o Govern.


O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, decidiu redobrar o control ás finanzas da Ganeralitat a dúas semanas do 1-O e despois de que o vicepresident, Oriol Junqueras, fechásese a enviar o informe que acreditaba que o Govern non gastaba un euro no referendo. Montoro comuniciou que o Estado será de agora en diante quen se fará cargo do pagamento da maior parte das facturas de Catalunya, tanto de aquelas que non sexan servizos básicos como as que si, limitando tamén as operacións de endebedamento.

 

"Ante a situación de manifesta ilegalidade, instauramos un mecanismo de control de pagamentos absolutamente necesario para garantir os pagamentos da Generalitat, de xeito que a posición non prexudique as súas finanzas, nin as do resto de España", xustificou o ministro.



x