CARMEN SANTOS, SECRETARIA XERAL DE PODEMOS GALIZA

"Nun congreso apoiaría Luís Villares como líder"

"Nun congreso apoiaría Luís Villares como líder"

No Sermos217, xa na rúa, entrevistamos Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galiza. Fala dos resultados de En Marea, do debate sobre a natureza desta organización política e da lideranza de Luís Villares. Eis un avanzo da conversa.


Luís Villares é o líder de En Marea ou o seu estatus como dirixente tería de pasar por un congreso?

Eu creo que, máis alá de que non exista unha secretaría xeral dentro do que En Marea, a día de hoxe a persoa que lidera este proxecto sen lugar a dúbidas é Luís Villares. Está lexitimado por unha votación democrática como candidato e a día de hoxe é, pois, a cara que mellor representa o proxecto.  Penso que iso non está en cuestión. O formato ou a maneira en que vaia acabar de se consolidar En Marea pois xa o iremos vendo co tempo.

Se houbese un congreso neste momento sería o teu candidato a secretario xeral?

O meu, si. O meu e o de moitísima xente de Podemos.

Dupla entrevista Carmen SantosNo caso hipotético de que houbese terceiras eleccións xerais, En Marea concorrería como partido instrumental?

Pois habería que o ver nese momento tal e como estivera o escenario político e todo dependerá do que fose mellor para as galegas e os galegos, partindo de se facilitaría o grupo parlamentar [a súa constitución], aínda que parece que non, pero habería que sentarse e ver.

A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos217, nos pontos de venda habituais e na nosa loxa.