O PPdeG lembra ao independentismo que hai "liñas vermellas"

O PPdeG lembra ao independentismo que hai "liñas vermellas"
parlament catalunya
parlament catalunya  

Miguel Tellado, secretario xeral do Partido Popular de Galicia, non dubidou en parabenizar Ciudadanos polos resultados obtidos en Catalunya nestas eleccións do 21 de decembro. Recoñece, ademais, que os resultados do Partido Popular nese territorio (caeu a 3 escanos) non son bos.

 

O dirixente do PPdeG lembrou tamén aos independentistas que hai unha serie de liñas vermellas que non se deben atrever a traspasar pois senón, dixo, baterán coa Constitución española. 



x