Pablo Iglesias convida Alberto Garzón a participar nas primarias de Podemos

Pablo Iglesias convida Alberto Garzón a participar nas primarias de Podemos

O secretario xeral de Podemos comunica que este partido non concorrerá con Izquierda Unida ás xerais. “Encantaríame contar con xente como Garzón, mais non podo dicir o mesmo respecto a IU”.


Noventa minutos para un encontro político que espertara gran expectación mediática, o do secretario xeral de Podemos e o candidato de IU ao goberno español. Pablo Iglesias e Alberto Garzón setron mostras de abondo de, como dirían os máis vellos, terse lei e dun aprecio mutuo, así como de coincidir en certos análises e diagnósticos sobre a situación actual. Mais no de concorrer Podemos e IU xuntos ás eleccións, Iglesias deixou claro que diso nada. Garzón chama a construír unha “candidatura da unidade popular” e Iglesias xa lle dixo que non vai haber acordo electoral algún.

Mesmo afirmou o secretario xeral de Podemos que “constato unha diferencia entre o que representa Garzón e o que representan outros sectores de IU”. E fixo un convite a Alberto Garzón” e outras persoas de Izquierda Unida” para que participen nas primarias de Podemos, que é, dixo, a única ferramenta para acadar a “unidade popular”.



x