Pedro Sánchez cita Galiza, Euskadi e Catalunya como nacións "en termos históricos"

Pedro Sánchez cita Galiza, Euskadi e Catalunya como nacións "en termos históricos"
Pedro Sánchez PSOE Flickr PSOE
Pedro Sánchez PSOE Flickr PSOE  

O secretario xeral do PSOE di que estes territorios manifestaron a súa “vocación de ser nación” en “termos históricos”.


Pedro Sánchez falou, no marco da súa recente aposta pola ‘plurinacionalidade’, de España como “nación de nacións” e isto provocou a conseguinte pregunta de a que nacións se refería. Nun primeiro momento, o secretario xeral do PSOE limitouse a un escueto “todas as nacións son España” que evitaba referirse ás mesmas.

 

Porén, esta terza feira, Sánchez, asegurou nun almorzo organizado por Europa Press que “polo menos tres manifestaron a súa vocación de ser nación” en “termos históricos”: Galiza, Catalunya e País Vasco. O líder socialista salientou que considera España en si propia como unha nación mais engadiu que hay que vivir “con normalidade” que o Estado español é “complexo e plural” e que nel conviven “múltiples identidades nacionais”. O que considera “unha forteleza” que, dixo, os españois deben vivir “con orgullo”.

 

Sánchez dixo que o concepto de nación “non se identifica cos límites dun estado”, xa que “dentro dun estado poden partillarse diferentes identidades nacionais”. Porén estas afirmacións, a seguir o secretario xeral do PSOE chamou os cataláns a non votar o 1-O para decidir o seu futuro pois considera que ese día o que hai é un “simulacro de referendo”.

 

 



x