Pilar Cancela representará o PSdeG na nova Executiva Federal do PSOE

Pilar Cancela representará o PSdeG na nova Executiva Federal do PSOE
Pilar Cancela
Pilar Cancela  

Segundo afirman fontes do PSdeG a Sermos, Pilar Cancela vai facer parte da nova dirección do Partido Socialista.


A presidenta da xestora do PSdeG é unha das apostas de Pedro Sánchez para conformar a dirección federal do novo PSOE, segundo as fontes consultadas por Sermos Galiza.

 

A presenza de Pilar Cancela obedece a que o PSdeG é o quinto territorio en número de afiliadas do PSOE e a que Sánchez obtivo no noso país unha vitoria por unha percentaxe moi superior ao do resto do Estado (65 por cento do voto face o 27 da candidatura de Díaz).

 

Cancela reforza así o seu peso político e perfílase como unha opción seria de futuro para liderar o PSdeG.

 

Segundo puido saber Sermos Galiza, quen tamén vai competir con case total seguridade pola lideranza do PSOE na Galiza será o tamén sanchista Gonzalo Caballero.



x