OPERACIÓN FALIDA

A policía comprobou que non había urnas na empresa coruñesa

A policía comprobou que non había urnas na empresa coruñesa

Confirmouno o delegado do Goberno nunha entrevista en Radio Coruña.


A misión policial na empresa coruñesa non foi coroada polo éxito. Non funcionaron ben os servizos de información e non había ningunha urna nen previsión de que as houbese na sede da compañía galega. Esta dedícase a fabricar figuras de metacrilato, mais non as caixas en que se depositan os votos, e en nengún caso recebeu un encargo do Govern para dotar a administración catalá de material para a votación do 1-O.

 

En Radio Coruña, o delegado do Goberno na Galiza, Santiago Villanueva, desvinculou a inspección da empresa, que cualificou de rotineira, das investigacións relacionadas co referendo do 1-O. En troca, as fontes consultadas por La Opinión indican que o rexistro si tiña como obxectivo a localización das urnas.



x