A Policía española busca en Galiza as urnas para o 1-O catalán

A Policía española busca en Galiza as urnas para o 1-O catalán

Centra as pesquisas en empresas da Coruña.


A Policía española procura as urnas para o referendo do 1-O tamén fóra de Catalunya. En concreto, en Galiza, tal e como indica La Opinión de A Coruña, que publica que axentes das forzas de seguridade personáronse en empresas que teñen capacidade para facer urnas de metacrilato para averiguar se desde a Generalitat se puxeron en contacto con elas.

 

Estas actuacións van da man coa que se está a realizar en Catalunya na procura de material para o 1 de outubro e que levou a accións nunha imprenta e nun medo de comunicación. O goberno catalán precisa para o referendo 8.000 urnas, pois as empregadas habitualmente non pode usalas por seren titularidade do Estado. 



x