Pontón critica a inexistencia de "división de poderes" no Estado

Pontón critica a inexistencia de "división de poderes" no Estado
Ana Pontón
Ana Pontón  

A portavoz do BNG reclama a posta en liberdade inmediata dos membros encarcelados do Govern e tilda de inadmisíbel o “comportamento neofranquista” do PP


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou o goberno do PP de negarlle a Catalunya o dereito á súa libre determinación como pobo. Nunha conferencia de imprensa na sede nacional do Bloque, Pontón foi crítica cun estado que considera “débil” -por recorrer á forza por todo argumento- e “incapaz de aceptar e lexitimar a libre expresión de ideas democráticas”.

 

A xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela aceptaba no día de onte as peticións da Fiscalía e decretaba o ingreso en prisión do vicepresident da Generalitat, Oriol Junqueras, e de outros 7 consellers partícipes da DUI. Para Pontón, a decisión da maxistrada deixa en evidencia un estado onde “non funciona a separación de poderes” e onde “os órgaos xudiciais aparecen totalmente politizados”.

 

Os oito membros do Govern foron encarcerados baixo a acusación dun delito de rebelión que, segundo o propio código penal, só se produce cando se fai uso da violencia. En ningún caso as actividades de Junqueras e os 7 consellers encaixan  coa descripció que atopamos no Código Penal deste delito, definido no artigo 472. “Existe unha ruptura [na decisión da xuíza] co que estabelece o código penal, privando de libertade a persoas que non foron xulgadas”, explicou Pontón.

 

A portavoz criticou en reiteradas ocasións o “camiño da represión” elexido polo goberno español, “ilexitimizando por primeira vez desde o franquismo un goberno elixido democráticamente polo pobo”.  Para Pontón, o goberno “nega a liberdade de participación política”, o que obstaculiza aínda máis “o diálogo ante a maior crise democrática o estado español dos últimos 40 anos”. “É un erro que ataca directamente as bases da democracia" e perante o cal "non valen as medias tintas, as demócratas debemos responder a este ataque nas rúas e nas institucións”.

 

Pontón insistiu tamén na gravidade dunha situación que está a abrir a billa ao aparecimento en escena de grupos fascistas que “actúan con total impunidade”. Nese sentido, cualificou de "inadmisíbel" que forzas como o ultradireitista VOX pidan a ilegalización de organizacións políticas lexítimas como a CUP.

 



x