O primeiro ministro irlandés agasalla a Rajoy unha camisola da selección galega de fútbol gaélico

O primeiro ministro irlandés agasalla a Rajoy unha camisola da selección galega de fútbol gaélico

 “Moi ben”, respondeu un sorprendido presidente perante o regalo de Enda Kenny ao finalizar a comparecencia conxunta perante os medidos.


Unha camisola da selección nacional galega de fútbol gaélico co nome de Rajoy nas costas. Este é o agasallo que o primeiro ministro irlandés, Enda Kenny, fixo ao presidente español após a comparecencia conxunta ante os medios na Moncloa. “Moi ben”, deu respondido un sorprendido Mariano Rajoy mentres recollía o galano de mans do mandatario irlandés, país que é berce dun deporte que desde hai seis anos callou en Galiza dun xeito espectacular.

De feito, a selección galega estivo este verán en Dublín para disputar o Mundial GAA World Games, tanto co combinado masculino como feminino. Unha participación que Galiza fechou cun terceiro posto masculino e a vitoria na copa Shield, de consolación, da selección feminina.



x