Rajoy rexeita unha reunión con Puigdemont e limita o diálogo a respectar “o imperio da lei”

Rajoy rexeita unha reunión con Puigdemont e limita o diálogo a respectar “o imperio da lei”
Mariano Rajoy
Mariano Rajoy  

Recoñece os malos resultados do PP mais minimiza a vitoria independentista ao afirmar que de negociar con alguén sería con Arrimadas, “que gañou as eleccións”.


Mariano Rajoy só ofrecerá a Catalunya un diálogo suxeito ao “imperio da lei” española e suxeito ao “estado de dereito” español. Así o manifestou esta sexta feira, poucas horas despois de que o independentismo volvese gañar a maioría absoluta no Parlament. Recoñeceu os malos resultados do PP e que “aqueles que queríamos o cambio non conseguimos deputados suficientes". Mais até aí chegou a autocrítica.

 

Rajoy incidiu en que o independentismo perdeu escanos o 21D e que as eleccións indican que . "ninguén pode falar en nome de Cataluña" porque é "plural". “A fin da radicalidade” foi outra das frases da intervención do presidente español. Rajoy falou de “diálogo” mais rexeitou a proposta de Carles Puigdemont de manter unha reunión sen condicións previas. “Eu só me sentaría a falar con quen gañou as eleccións, que foi Inés Arrimadas”, dixo.

 

“Non aceptarei que ninguén se salte a CFonstitución”, indicou, e dixo que o 155 aplicouse “de forma intelixente” e que o seu obxectivo non era conseguir votos



x