Reaccións ao discurso de Filipe VI: Feijóo eloxia o “gran discurso” e Pontón fala de “obsoleta monarquía”

Reaccións ao discurso de Filipe VI: Feijóo eloxia o “gran discurso” e Pontón fala de “obsoleta monarquía”
filipe vi
filipe vi  

A redes sociais  foron o vehículo a través do que chegaron as primeiras reaccións políticas ao discurso de Filipe VI. O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, escribiu (en española) na súa conta de twitter: “Gran discurso do Rei apelando ao respecto, a diversidade e a tolerancia. É dicir, á convivencia constitucional. Confianza no futuro que todos os españois podemos construír xuntos. Bo Nadal!”.

 

A outra cara das valoracións, a portavoz do BNG, Ana Pontón que na súa conta de twitter opinou: “Cada Nadal o Rei empéñase en darnos máis  razóns contra a obsoleta monarquía. A min non me representa. Rancio centralismo, inmobilismo e negación das nacións sen estado”. Luis Villares (En Marea) considera que "O discurso de Felipe VI demostra que está máis preocupado pola propia supervivencia da monarquía que polos problemas da xente",

 

A nivel estatal, o líder de Ciudadanos Albert Rivera afirmou sentirse representado na mensaxe do monarca: “orgulloso da nosa democracia”, di  Rivera. Lectura contraria dende Podemos. Para Pablo Iglesias, Filipe VI abraza o argumentario do PP e asegura que España non precisa reis, senón servizos públicos, emprego e diálogo.

 

Dende ERC, Gabriel Rufián volve tirar da sorna. Di que o rei lle convenceu, e que a próxima lle vota. Recrimínalle a aplicación do 155 e que fale de dereitos e liberdades cando hai medo a tuitear opinións contrarias ao seu discurso.



x