O Senado dá luz verde ao 155

O Senado dá luz verde ao 155
senado
senado  

214 votos a favor e 47 en contra."España ten dereito a defenderse", din os seus valedores.


O pleno do Senado aprobou por maioría absoluta aplicar o artigo 155 a Catalunya para “reinstaurar” a legalidade constitucional española. Media hora despois de que o Parlament declarase a independencia, a Cámara Alta aprobaba esta autorización, por 214 votos a favor (PP, PSOE, Ciudadanos, UPN, Foro e Coalición Canaria), e 47 votos en contra (Unidos Podemos, ERC, PDeCAT, PNV, EH Bildu, Compromís e Nueva Canarias).

 

Os votos do Partido Popular, PSOE e Ciutadans dan luz verde a dúas medidas 'extraordinarias': a destitución do president Carles Puigdemont, o vicepresident Oriol Junqueras e todo o Govern, e a convocatòria de novas eleccións cataláns, mais convocadas por Rajoy.

 

“Pido tranquilidade a todos os españois. O Estado de dereito restaurará a legalidade en Catalunya”, escribiou Mariano Rajoy nas redes sociais pouco despois dam proclamación de independencia catalá.

 

En ampliación



x