UN NEGOCIO DE 300 MILLÓNS

Servizos municipais en mans de empresas privadas


Servizos municipais en mans de empresas privadas

A meirande parte dos grandes Concellos galegos teñen cedidos os servizos de abastecemento de auga, recollida de lixo, limpeza viaria ou transporte colectivo, e hainos tamén que confían en mans privadas outros como o alumeado público ou a axuda no fogar. Dedicámoslle a isto o Tema de Primeira do Sermos Galiza en papel. Eis un extracto.

O financiamento dos servizos básicos é a día de hoxe un dos principais retos para o país e os concellos galegos. A crise afectou fondamente á partida de ingresos da meirande parte das administracións locais, con severos axustes nas achegas procedentes das institucións supramunicipais motivados pola falsa crenza de que era nos Concellos onde existía unha maior desviación entre gastos e ingresos e, polo tanto, onde a débeda pública acadaba as cotas máis altas.

Porén, o caso de Galiza non pode inscribirse nesa teoría. Os dados da plataforma de información económica do sector público Sielocal desmontan que son as administración locais as que engordan a débeda pública. Para o ano 2013, por exemplo, en plena crise aínda, o endebedamento dos concellos galegos situouse na cola do Estado, con só 255 euros por habitante, un 174% máis que a media, que superaba naquela altura os 700 euros. En Madrid cidade estaba en 1.473 euros por habitante.

Superada esa falacia, quedan outros aspectos por abordar que non son menos importantes e que, en maior ou menor medida, están a lastrar as posibilidades de crecemento das economías públicas locais, isto é, as súas capacidades para xestionar os seus propios recursos. As características da poboación galega, coa dispersión máis intensa de todo o Estado –podería estenderse a Europa sen problema ningún-, e cun avellentamento que sitúa o país entre as nacións máis destacadas do mundo, non teñen todo o peso que deberan no sistema de financiamento local que artella o Estado.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 238, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]



x