Unanimidade do Parlamento para establecer axudas para a ordenación forestal dos montes veciñais en man común.

Unanimidade do Parlamento para establecer axudas para a ordenación forestal dos montes veciñais en man común.

A iniciativa foi presentada por Xosé Luis Rivas ‘Mini’ (BNG); que incidiu en que 700 mil hectáreas e 2.800 comunidades de montes  precisan  medidas que potencien un monte sustentábel, ordenado e posto en valor


A comisión de Agricultura do Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade unha proposición non de lei do BNG na que se demandaba activar liñas de axudas para que as  comunidades de montes veciñais en man común poidan dotarse de plans de ordenación forestal e do selo de certificación forestal.

O nacionalista Xosé L. Rivas ‘Mini’ explicou que a Lei de Montes fixa para aqueles montes de máis de 25 hectáreas plans de ordenación obrigatorios como instrumento fundamental para xestión sustentábel polo que reclamou unha liña de axudas para as comunidades de montes veciñais neste sentido.

Tamén defendeu o parlamentar os selos de certificación forestal, documentos que avala a xestión do monte de maneira sustentable  e criticou  á utilización das empresas madeireiras que utilizan este documentos como  “salvoconduto” para vender madeira en mercados internacionais. 



x