Unanimidade na Coruña para exixir a reapertura do caso ‘Jimmy’

Unanimidade na Coruña para exixir a reapertura do caso ‘Jimmy’
jimmy-crop
jimmy-crop  

Os catro partidos con representación no Concello deron o visto bo a unha moción do BNG que reclama que se volva abrir o caso polo asasinato en Madrid do seareiro do Deportivo.


Unanimidade no pleno municipal da Coruña realizado este luns en torno á reapertura do coñecido como ‘caso Jimmy’, o asasinato en Madrid do seareiro do Deportivo Francisco Javier Romero Taboada. Marea Atlántica, PP, PSdeG e BNG deron o visto bo a unha moción presentada polos nacionalistas na que reclaman a reapertura da causa "para dar os culpábeis".

No exto aprobado exixen ás instancias xudiciais todos os esforzos para finalizar coa “impunidade que existe en torno a este caso” mentres cuestionan o arquivo do expediente. Avia Veira, concelleira do BNG, expresou a “desolación” e “perplexidade” polo arquivo da causa, mentres que desde o PSdeG pediuse que se fixese “xustiza”. Marea Atlántica, para alén de pedir que se esclareza o asasinato e vinculalo á “extrema dereita” criticou o tratamento mediático dado a este caso.

O PP cualificou o acontecido en Madrid de “asasinato” e pediu á xustiza que faga as “actuacións oportunas” para resolver o caso