A veciñanza de 35 concellos vascos votará este domingo nunha consulta sobre a independencia

A veciñanza de 35 concellos vascos votará este domingo nunha consulta sobre a independencia
Acto a favor das consultas populares vascas.
Acto a favor das consultas populares vascas.  

A plataforma cidadá Gure Esku Dago defende a “lexitimidade” destas consultas populares, organizadas por máis de 2.000 persoas voluntarias.


Urnas e papeletas están prontas para que este domingo, 19 de marzo, máis de 150.000 veciños de 35 concellos vascos poidan votar sobre se desexan un país independente ou ben que este continúe dentro do estado español. É a segunda vaga de referendos que decorre en Euskal Herria nos últimos meses, após a que se realizou en 32 municipios en xuño de 2016 e que deu como resultado un amplo apoio á opción independentista. Daquela votaran 37.000 persoas neses referendos, o 95% a favor da independencia.

Desde ‘Gure esku dago’, a plataforma impulsora destas consultas, informouse que máis de 2.000 persoas voluntarias participan no proceso que vai decorrer en comarcas como Hernani, Tolosaldea ou Larrebetzu. Uns referendos que teñen o apoio de concellos e tamén das xuntas xerais de Gupizkoa.

Desde EH Bildu e PNV chamouse a participar netsas consultas polo dereito a decidir, destacando a importancia de que a veciñanza de Euskal Herria poida ter voz e voto sobre o futuro do seu propio país.



x