Villares di que En Marea non ten interese en poñer o dereito a decidir na axenda

Villares di que En Marea non ten interese en poñer o dereito a decidir na axenda

​O portavoz da formación de confluencia considera que Galiza é titular dese dereito como nación, mais cre que “non existe unha pulsión social arredor do seu exercicio”, nunha entrevista na Radio Galega.


O portavoz parlamentar de En Marea, Luís Villares, asegurou este domingo que a súa formación non ten “ningún interese” en poñer o dereito a decidir en “ningunha axenda”. 

 

Villares defendeu que “Galiza é unha nación e o dereito a decidir é un dereito que nos asiste”, mais considerou que “non existe unha pulsión social arredor do seu exercicio”.

 

"Simplemente somos titulares dese dereito", afirmou o portavoz de En Marea nunha entrevista na Radio Galega. Falou tamén sobre o referendo en Catalunya, do que opinou que non ten efectos xurídicos pero si políticos. 

 

"Os efectos políticos son claros. Existe unha vontade cidadá clara de decidir politicamente como queren organizar o seu goberno e polo tanto esa vontade política ten que ser respectada”, asegurou.

 



x