CONVOCA A CIG

Greve na sanidade galega esta quinta e sexta feira

Greve na sanidade galega esta quinta e sexta feira
[Imaxe: CIG]
[Imaxe: CIG]  

O pasado 11 de outubro, seis sindicatos anunciaron a convocatoria dunha folga no Sergas para o 2 e 3 de novembro co obxectivo de devolver ás e aos profesionais da sanidade pública galega unha parte das melloras que conseguiran nos acordos de 2008 e que foron anuladas no momento en que Feijóo brandiu o argumento da crise e da austeridade que levou ao sistema sanitario público a un retroceso histórico. Un compromiso difuso adquirido o 27 de outubro convenceu todos os axentes sociais para se descolgaren da folga. Todos agás á CIG, que mantén a convocatoria. 




x