PUBLICADAS AS NOVAS INSTRUCIÓNS PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 17/18

A Lingua Galega volve non ser ‘materia troncal’ para a Consellaría de Educación

A Lingua Galega volve non ser ‘materia troncal’ para a Consellaría de Educación
Faixa da CIG-Ensino Foto: Arquivo
Faixa da CIG-Ensino Foto: Arquivo  

Cando a matrícula ordinaria dos centros de secundaria, e polo tanto a elección de materias por parte do alumnado xa está pechada, chegan as novas instrucións desde a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o vindeiro curso académico e continúa a polémica situación de exclusión da lingua galega.


Nas mesmas instrucións a Consellaría volve limitar o impartir materias como Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas ou Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas a que haxa un número mínimo de alumnas e alumnos, incluso no caso de pequenos centros de ámbitos rurais ou pequenos núcleos de poboación, este mesmo límite aplícase a todas as optativas da Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

 

Desde CIG Ensino Galiza aseguran que “volve quedar claro que a Consellaría só busca un rendemento económico e de cifras, posto que nin sequera deixa aplicar os Programas de mellora na aprendizaxe e do rendemento nos cursos de terceiro e cuarto da ESO, limitándoos a 1º e 2º da ESO”, so de maneira excepcional se a permitir en terceiro curso, mais cun número mínimo de alumnas e alumnos.

 

Amais, recalcan que desde a Consellaría “fan unha nula defensa da nosa lingua ó non aproveitar estas instrucións para dar solución a situación de ‘exclusión’ e ‘eliminación’ que o galego sofre no ensino, após das modificacións na carga lectiva de diferentes materias da ESO”. O alumnado terá 31 horas en castelán fronte ás 18 horas en galego, en caso de cursar ensinanzas aplicadas, e 21 horas en caso de cursar ensinanzas académicas.



x