Amplo seguimento da greve contra o “desmantelamento” da administración de Xustiza

Amplo seguimento da greve contra o “desmantelamento” da administración de Xustiza
Imaxe: @alternativaxus
Imaxe: @alternativaxus  

A xornada de greve convocada por diferentes sindicatos na administración de xustiza está a ter un amplo seguemento, segundo as centrais, que destacan que en Vigo ou Pontevedra supera 95%. En Compostela e Coruña anda en 90% e no resto do país suepra 75%.

 

A convocatoria atinxe ao redor de 2.500 traballadores e traballadoras deste sector. As conocantes lembran que as mobilizacións son a resposta “ás discriminacións laborais e salariais que sofre o persoal” desta administración en Galiza e "ao desmantelamento que o Goberno do PP está a facer da xustiza”. Aliás, engaden a necesidade de defender un servizo público esencial cuxos recortes afectan a toda a cidadanía.



x