O Banco Popular fechará en Galiza 42 oficinas

O Banco Popular fechará en Galiza 42 oficinas
Ángel Ron, presidente do Banco Popular
Ángel Ron, presidente do Banco Popular  

Os sindicatos convocan para a tarde desta quinta feira unha concentración na Coruña contra o ERE.


O ERE e plan de peche de oficinas que elabora a dirección do Banco Popular prevé clausurar en Galiza 42 sucursais. Ten na actualidade no noso país 259 oficinas polo que a media suporía a desaparición do 16% das existentes. Pontevedra será a provincia máis afectada, con 18 sucursais que terán que pechar, segundo o plan do Banco Popular. Na Coruña serán 16, 5 en Ourense e 3 en Lugo. No conxunto do Estado son 302 as sucursais que terán que clausurarse.

O ERE suporía reducir nun 25% o cadro de persoal da entidade financeira no noso país, que está conformado por 1.800 empregados: 1.300 do pastor e 500 do Popular. Os sindicatos denuncian que se quer despedir 435 traballadores en Galiza. Esta quinta feira, ás 18:00 horas, os sindicatos convocaron unha concentración perante a Fundación Barrié (A Coruña) para mostrar o rexeitamento ao expediente de regulación de emprego.