Centos de persoas denuncian en Compostela a precariedade laboral na Xunta

Centos de persoas denuncian en Compostela a precariedade laboral na Xunta
Imaxe @CarmenSantosQ
Imaxe @CarmenSantosQ  

A marcha reuniu traballadores de diferentes sectores da administración pública para reclamar a fin da precariedade laboral e defender os servizos públicos.


“Hai máis precariedade na Xunta da que se pensa”. As propias organizadoras da Marcha do persoal precario da administración pública, que esta quinta feira, día 16, percorreu Compostela, advertían nestes días sobre unha realidade que non é percibida por parte da sociedade galega: a precariedade laboral que aniña no sector público. Para denunciar esa situación, centos de persoas marcharon pola capital de Galiza nunha mobilización do máis colorida: globos rosas da sanidade, verdes dos traballadores forestais, laranxas, brancos... Porque na marcha había traballadores de diferentes sectores. “Unidade de colectivos distintos en base a problemas comúns”.

Persoal precarioA manifestación partiu das cercanías do Parlamento de Galiza para rematar na Praza do Obradoiro. Os manifestantes recibiron o apoio de deputados do BNG, En Marea e PSdeG. Os convocantes inciden en que a administración debería de dar exemplo e garantir os dereitos. Porén, “é unha das empregadoras máis precarizadoras”. Lembran, neste punto, que a propia Unión Europea requeriu o Reino de España para que puxese fin a estas situacións de precariedade.

Porque a realidade é que hai empregados con contratos de tres meses ao ano ou ben empregadas que levan encadeando contratos temporais desde hai 20 anos. Por iso reivindican que teñen dereito “a un proceso de consolidación que lle dea saída a máis do 50% de temporalidade que hai na administración, que non se empreguen as ofertas públicas de emprego (OPE) como coartada para nos mandar á rúa cunha man diante e outra detrás”.

C7B5RlSXEAAYYvjNa mobilización tamén se defenderon os servizos públicos, lembrando que a precariedade laboral “implica precariedade asistencial”, polo que as propias persoas usuarias acaban sufrindo as consecuencias. Unha reivindicación na que se insistiu que uns servizos públicos de calidade son inserparábeis dunhas condicións e situacións laborais dignas dos traballadores.

 

Imaxes: @carmensantosQ @enmarea e @cutcitroen

 



x