CIG impulsa unha campaña de mobilizacións pola recuperación dos dereitos laborais e sociais

CIG impulsa unha campaña de mobilizacións pola recuperación dos dereitos laborais e sociais

O sindicato non desbota convocar unha greve xeral cara abril ou maio.


Os anos de crise deixaron unha preocupante perda de dereitos sociais e laborais que se traduciron en incrementos de precariedade e pobreza, para alén da perda incluso de liberdades públicas. O secretario xeral da CIG , Suso Seixo,e o secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo, anunciaron nesta seta feira o impulso dunha campaña de mobilizacións pola recuperación de dereitos laborais e sociais. Unha campaña de, de momento conc´retase na convocatoria dunha manifestación nacional en Compostela, o 28 de febreiro, en defensa das pensións; concentracións comarcais o 14 de febreiro e mobilizacións o 10 de marzo, sen desbotar cara os meses de abril ou maio a convocatoria dunha folga xeral.

Os graves ataques aos dereitos sociais e laborais decorreron nestes anos de maioría absoluta do PP. Mais agora, lembra Seixo, non se está nese escenario. O Partido Popular non ten xa maioría absoluta polo que é posíbel, aponta o secretario xeral da CIG, tombar algunhas desas.

Reivindicacións

 Seixo tamén apuntou toda unha batería de reivindicacións que a CIG quere trasladar ás diferentes administracións co respaldo da mobilización social e que  se concretan, ademais de na derrogación de todas esas reformas, na da LOMCE e a do artigo 315.3 do Código Penal, que “está sendo utilizado polo poder para impor fortes sancións a membros dos piquetes, por suposto atentado do dereito ao traballo con solicitudes de penas que van de tres anos de cadea para arriba”.Tamén pide a creación dun salario de inserción laboral  para toda aquela xente estea no desemprego e non cobre ningún tipo de prestación e o incremento do SMI ao 60% do salario medio, “polo tanto por enriba do que se pactou, entendemos que tiña que estar en torno aos 800 euros”.