A crise destruíu na construción perto de 70.000 empregos

A crise destruíu na construción perto de 70.000 empregos
Nova executiva de CIG-Construción e madeira
Nova executiva de CIG-Construción e madeira  

Datos ofrecidos no VII Congreso da CIG-Construción, que elixiu Plácido Valencia Rodríguez como novo secretario nacional.

 


O VII Congreso da CIG-Construción da CIG realízase tras un período no que a crise económica bateu os sectores e subsectores que integran esta actividade, até o punto de que o número de traballadores afiliados á Seguridade Social pasou de 148.898 en 2007 aos 71.136 actuais. Ademais, constantan desde o sindicato, fronte aos constantes anuncios que falan de recuperación “os datos amosan que no noso país unicamente se crearon 2.500 empregos no sector nos últimos catro anos”.

 

A isto engádese que a precariedade “xa se atopa normalizada por causa das diferentes reformas laborais do PSOE e do PP, polo que os postos de traballo van acompañados de condicións laborais e salariais cada vez máis deterioradas”. CIG indica que “a paralización da obra privada e da edificación, así como a lentitude na licitación de proxectos públicos, son as principais problemáticas que lastran o sector da construción e que afectan de xeito indirecto a moitos dos subsectores dependentes”.

 

O VII Congreso da Federación da Construción e Madeira (FCM) da CIG que tivo lugar este sábado en Compostela elixiu Plácido Valencia Rodríguez como novo secretario nacional por 58 votos a favor, ningún en contra, 2 en branco e 1 nulo. Durante o proceso, que se celebrou baixo o lema “Unidade, dereitos, soberanía. O sindicalismo nacionalista, a ferramenta”, tamén se renovou a Executiva e escolléronse os representantes do Consello Confederal.

 

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, salientou que os procesos congresuais representan “a necesaria posta a punto do noso traballo para os próximos catro anos co obxectivo de facer unha CIG máis forte e que a clase obreira galega nos dotemos de máis forzas, de máis organización e de máis capacidade de loita  para avanzar na conquista dos nosos dereitos”.



x