Delegados da CIG ocupan as oficinas da UTE para a que traballaba o operario morto en Rande

Delegados da CIG ocupan as oficinas da UTE para a que traballaba o operario morto en Rande

Ducias de delegados da CIG  protagonizaron a acción para exixir da UTE Dragados-Grupo Puentes que cumpra as condicións laborais de seguridade. Forzaron unha reunión cos responsábeis e obtiveron o compromiso de que se traballarán oito horas e que o pago de salarios será mensal e por nómina


Por volta dun cento de delegados da CIG participaron esta quinta feira na acción de ocupación da UTE Dragados-Grupo Puentes, que acomete os traballos de ampliación da ponte de Rande, para esixirlle o cumprimento das condicións laborais e de seguridade após a recente morte dun operario. Coa acción a central informa que forzou unha reunión cos responsábeis da empresa e “logrou o compromiso de que se traballarán oito horas e que o abono de salarios será mensual e por nómina, para evitar excesos de xornada e que se sigan a pagar por hora e a un prezo de sete euros a hora”.

 

O secretario comarcal da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves, e os secretarios nacional e comarcal da CIG-Construción, Xoán Xosé Melón e Carlos Méndez, confirmaron que a partir desta sexta feira vai haber por primeira vez tornos para o control de entrada e saída dos traballadores, “algo que pode parecer moi estraño, pero nesta obra ninguén controlaba a entrada e saída do persoal”.

 

Tamén informaron de que os responsábeis da UTE se comprometeron a que a partir de agora se vai traballar unicamente en quenda de mañá e de tarde, de oito horas de duración cada unha. “Dicían que na construción isto é imposíbel, e nós lembrámoslle que nas obras do hospital Álvaro Cunqueiro foi posíbel facelo, pero tamén tivemos que mobilizarnos para logralo”.

 



x