Desconvocada a greve nos museos científicos da Coruña

Desconvocada a greve nos museos científicos da Coruña
Domus Concello da Coruña
Domus Concello da Coruña  

Os traballadores adían o paro e as mobilizacións após o compromiso do Concello de modificar as condicións de licitación e garantir así os dereitos laborais e salariais dos empregados.


Os traballadores dos museos científicos da cidade da Coruña (Domus, Aquarium e Casa das Ciencias) anunciaron o adiamento da greve e as mobilizacións que tiñan convocadas para 17 e 18 de maio, unha decisión adoptada após ter o compromiso do Concello de modificar as condicións dos pregos de licitación pública destes servizos. Con ese paso, indican desde a CIG, o Concello comprométese a garantir os dereitos salariais e laborais dos traballadores.

Ademais, o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, tamén se comprometeu a engadir unha cláusula aos pregos para que a futura empresa concesionaria non poida reducir eses dereitos aos empregados, como acontecera coa anterior adxudicataria.

A CIG expresou a súa satisfacción por este acordo mais lamentou que desde o Concello se “tardase tanto tempo” en “entrar en razón”.



x