DENÚNCIAO A CIG

Ferroatlántica pretende "liquidar" os 3 convenios colectivos que ten en Galiza

Ferroatlántica pretende "liquidar" os 3 convenios colectivos que ten en Galiza
Concentración de Ferroatlántica en Cee
Concentración de Ferroatlántica en Cee  

A CIG amosa o total rexeitamento ao “Acordo Marco” que a empresa pretende sacar adiante “coa complicidade das organizacións sindicais españolas e que suporá vincular os diferentes convenios de empresa en vigor na actualidade”.

 

Esta negociación, advirte o sindicato, constitúe unha usurpación da lexitimidade de negociación dos comités dos centros de traballo, xa que a dirección recoñece como interlocutores os e as representantes das centrais sindicais, e non á representación legal elixida por centro de traballo. No escrito presentado pola CIG, indícase que con esta negociación vulnérase o “principio de non concorrencia entre convenios colectivos”, conforme o cal un convenio colectivo, durante a súa vixencia, non pode ser afectado por convenios de distinto ámbito.

 

No ámbito galego xa existen 3 convenios colectivos (Cee, Sabón e Serrabal) que actualmente están en vigor e coas súas comisións negociadoras constituídas e plataformas presentadas, é dicir, en fase de renovación e que este “acordo marco” pretende liquidar, segundo a central nacionalista.



x