O goberno retrasa a idade de xubilación aos mariñeiros da frota conxeladora galega

O goberno retrasa a idade de xubilación aos mariñeiros da frota conxeladora galega

Non lle aplicará o máximo coeficiente redutor aos tripulantes de palangreiros e arrastreiros. CIG cualifica este paso como “o maior roubo de dereitos sociais da historia da pesca galega” e anuncia mobilizacións.


Os mariñeiros, ao igual que outros colectivos con profesións especialmente duras ou de risco – como mineiros-, benefícianse duns coeficientes correctores que lles permiten adiantar a idade de xubilación. Un dereito social que pode saltar polos aires. O sindicato CIG informa que milleiros de mariñeiros da frota conxeladora galega van ver atrasada a súa idade de xubilación após que o Goberno español decidise que non se lle pode aplicar o máximo coeficiente redutor aos tripulantes de palangreiros e arrastreiros.

 

Esta decisión de non aplicarlle o maior coeficiente redutor da idade de xubilación figura  nunha circular interna do Instituto Social daMariña (ISM) á que tivo acceso a central nacionalista. O secretario comarcal da FGAMT-CIG, Xabier Aboi, cualifica o feito como “o maior roubo de dereitos sociais da historia da pesca galega” e anunciou que nos vindeiros días convocarán asembleas para tratar esta problemática, non desbotando convocar mobilizacións nas principais zonas afectadas, como son Marín, Vigo, Ribeira, A Guarda e A Mariña.

 

Aboi lembra que o conflito remóntase a hai case tres anos, cando detectan que a moitos mariñeiros lles faltan anos de cotización para poder xubilarse. “Entón descubrimos que a dirección xeral da Mariña Mercante modificara os coeficientes redutores da idade de xubilación”. Comezan entón as xestión,s xuntanzas, reclamacións, que rematan cando Mariña Mercante e Capitanía Marítima solicítan aos armadores documentación para certificar a clasificación dos barcos como conxeladores, como única vía de que se lles poida aplicar a máximo coeficiente redutor.

 

“Pero neste mes de xullo comezamos a recibir noticias de que o ISM continúa a manter os mesmos coeficientes que aplicaban a pesar de demostrarse que os barcos son conxeladores; e en setembro descubrimos unha circular interna asinada polo director xeral do ISM na que se lle dá rango de lei ao maior roubo de dereitos sociais dos mariñeiros galegos”.

 

En dita circular establécese que non se lles poderá aplicar o máximo coeficiente redutor (0,40) aos tripulantes de buques clasificados nas subclases palangreiro-conxelador e arrastreiro-conxelador e que o cálculo se fará en función da arte de pesca que practiquen e das toneladas de rexistro bruto das embarcacións. “Trátase da primeira vez que aplican este criterios, o que é un claro intento por recortar os dereitos de xubilación dos mariñeiros/”.

 

 “Non pode ser que este coeficientes supoñan unha discriminación, senón como se entende que un barco de 120 e 300 toneladas, un palangreiro-conxelador que faena no Atántico norte, Atántico sur, Índico ou Pácífico teña o mesmo coeficiente que un barco do ISM que sae ao mar seis meses ao ano e está a catro días do porto base”.

 



x