PARO INDEFINIDO

A greve na xustiza chega á súa terceira xornada cun seguimento masivo

A greve na xustiza chega á súa terceira xornada cun seguimento masivo

Centos de xuízos suspendidos. Os sindicatos retan a Feijóo a un debate público sobre os motivos do paro.


 

Terceira xornada de greve na administración de xustiza de Galiza e o seguimento da mesma continúa a ser masiva. Un 85% de media en toda Galiza, segundo a plataforma de sindicatos convocantes da greve, porcentaxe que se eleva até 95% en Vigo ou Pontevedra. O paro provocou xa o aprazamento de centos de xuízos mais desde o goberno, lamentan as centrais, continúan sen se mover.

 

Desde o goberno galego, iso si, afirman que están dispostos a dialogar cos traballadores, mais mantendo a súa oferta inicial. Estes lembran a importante discriminación salarial que sofren a respecto dos seus compañeiros doutros territorios do Estadio e que a oferta da unta non acaba con esa situación.

 

Os traballadores lembran que coa oferta que lles fan desde a Xunta, unha suba en varias anualidades até 2021, chegarían a ese ano cobrando menos do que os seus compañeiros doutras autonomías cobran na actualidade.

 

Os sindicatos lamentan e critican a actitude de Núñez Feijóo e o goberno, ofrecendo dados para intentar presentar os traballadores da administración de xustiza en Galiza – 2.500 persoas- como un colectivo que pide subas desproporcionadas. Rétano a un debate público sobre os motivos da greve. En palabras de Pablo Valeiras, un dos portavoces do colectivo, semella que a Xunta “aposta non en negociar senón en querer tombarnos”.



x