OS LOGROS DUNHA GREVE

Inditex estende a Ourense as melloras gañadas polas traballadoras de Bershka na greve en Pontevedra

Inditex estende a Ourense as melloras gañadas polas traballadoras de Bershka na greve en Pontevedra

Inditex e a representación sindical asinaron de asinar un acordo salarial que afecta a todos os centros de traballo da provincia de Ourense e que suporá a incorporación de dous pluses mensuais, un de 80 euros e outro de 40. Estas cantidades foron pactadas entre a dirección e as traballadoras de Bershka na provincia de Pontevedra após os nove días de greve que protagonizaron en outubro.

 

Tras a sinatura do acordo, o persoal de Massimo Dutti, Pull&Bear, Zara, Stradivarius, Lefties e Bershka vaise beneficiar duas melloras daquela loita.

 

“Esta mellora é froito dos acordos asinados na provincia de Pontevedra a raíz do conflito de Bershka, onde un puñado de mulleres, moitas delas con contratos temporais, e a maioría con xornadas parciais, mantiveron unha dura folga de nove días en demanda de mellores condicións económicas e laborais. Foi a CIG o único sindicato que estivo á fronte deste intenso conflito e que rematou cunha importantísima vitoria para as traballadoras”, lembra o secretario comarcal da CIG de Ourense, Anxo Pérez Carballo.

 

O responsábel sindical considera que Inditex optou por estender os acordos desta folga a outras provincias “antes de ver como a mecha seguía prendendo e servira de exemplo a outras partes do país; non se trata pois dun regalo, senón dunha conquista”.

 



x