Morre Suso Mosquera, o líder histórico de UGT en Galiza

Morre Suso Mosquera, o líder histórico de UGT en Galiza
Suso Mosquera, no uso da palabra  [Foto: FB de Non ao Peche da Fábrica de Armas da Coruña]
Suso Mosquera, no uso da palabra [Foto: FB de Non ao Peche da Fábrica de Armas da Coruña]  

Secretario xeral do sindicato de inspiración socialista UGT entre 1980 e 2005, Jesús Mosquera Sueiro faleceu esta terza feira na Coruña aos 74 anos de idade.


Nado en Merza (1943), o compromiso social acordou ben cedo en Mosquera. Militante primeiro da JOC (Juventud Obrera Cristiana), estivo despois organizado na Unión Sindical Obrera até se integrar na UGT. En 1977 foi nomeado secretario xeral do sindicato socialista na Coruña. En 1980 asumiu o cargo de secretario xeral da organización no país, función que desempeñaría até 2005.

 

Foi tamén deputado no Pazo do Hórreo polo PSdeG. Deixou o escano en 1988, no momento máis quente do confronto entre a UGT e o PSOE de Felipe González, a folga xeral do 14 de decembro.

 

Desde 2005 dirixía a presidencia da Fundación Luis Tilve, entidade que pescuda a memoria histórica da UGT e do PSOE na Galiza.

 

A noticia da súa morte -os seus restos áchanse xa no tanatorio Servisa, na Coruña, e serán incinerados esta cuarta feira-  causou consternación nas bases da UGT e do partido socialista. O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, testemuñou o seu pesar desde a súa conta twitter.

 

 



x