Seis operarios feridos após un incendio nun túnel do AVE en Laza

Seis operarios feridos após un incendio nun túnel do AVE en Laza
Imaxe de arquivo dunhas obras do AVE
Imaxe de arquivo dunhas obras do AVE  

O incendio nun xerador obrigou a evacuar o persoal do interior do túnel.


Seis traballadores foron evacuados a un complexo hospitalario após resultar feridos esta terza feira após un incendio dun xerador no interior do túnel do AVE en Laza. Segundo informou o 112, perto das seis da mañá persoal que traballaba nesa obra alertou o servizo de emerxencias dun incendio no túnel, en concreto no punto de SOS 333.

 

Activouse entón un dispositivo no que tomaron parte Bombeiros de Verín e Xinzo, forzas de seguridade, GES de Laza e cinco ambulancias do 061. Todos os traballadores estaban evacuados e seis deles foron levados a un centro hospitalario.



x